Bonjour!!! 😉
Bienvenus à mon portfolio. Je m'appelle Nuria!
C'est notre présentation dans Prezi du Projet 1: COU-COU, C'EST MOI!
Comment vous êtes-vous organisé(e) pour réaliser ce projet?
- Coordinatrice: Nuria
- Assistante: Sandra
- Secrétaire: Silvia
- Responsable des ressources: Jorge
Para este proxecto primeiro definimos os nosos roles. A continuación puxemos nun Drive a tarefa que tiñamos que desenvolver, para que todos tiveramos claro o que había que facer e como.
Para realizar as presentacións cada un tentou facer a súa presentación nunha folla seguindo as premisas que se nos indicaban. Unha vez que todos tiñamos a nosa presentación quedamos xuntos e revisamos o que cada quen puxera e nos axudamos nos erros ou dúbidas que xurdiron, xa que no noso grupo hai persoas con diferentes niveis de Francés e entre todos nos axudamos para que as nosas presentacións estiveran o mellor posible. Logo disto fixemos un Prezi colaborativo online, e cada quen fixo alí a súa presentación. Cando se finalizaban, revisabamos as presentacións dos compañeiros e correxiamos o que non estaba ben.
A continuación a persoa encargada recordounos que tiñamos que respostar estas preguntas as cales fixemos en conxunto.
Para rematar repartimos as presentacións do compañeiro e compañeiras. Logo disto cada quen as pasou a terceira persoa, para revisalas conxuntamente, co fin de corrixir posibles erros. Seguidamente practicamos tanto en solitario coma en grupo a pronuncia das diferentes frases e palabras, facendo fincapé nas que mais nos custaban.
Avez-vous éprouvé des difficultés? Lesquelles?
Na realización do proxecto non nos atopamos con moitas dificultades, o único que xurdiron foron algunhas dúbidas con respecto ó vocabulario, a formación de certas frases ou expresións, ou a acentuación de algunha palabra. Pero coa axuda dos compañeiros e compañeiras resolvimos estes pequenos contratempos.
Qu’est-ce que vous avez appris grâce à ce projet?
Neste proxecto aprendemos a presentarnos, e a dar algunha información sobre nós e sobre as persoas coas que convivimos (como o lugar de residencia, a profesión, os gustos…).
Tamén puidemos observar como sen ter moitos coñecementos previos de Francés, conseguimos presentarnos e dar información que non pensabamos que souberamos facer.
Por outra banda constatamos a importancia do traballo colaborativo e a interacción na aprendizaxe dunha nova lingua, xa que nos axudamos na redacción, no vocabulario e na pronuncia do Francés que doutro xeito sería mais complexo de conseguir. Pensamos que os grupos deben conter compañeiros ou compañeiras de diferentes niveis porque é mais doado aprender uns dos outros.
Gracias a realización deste proxecto tamén aprendimos a utilizar o Prezi, unha aplicación que nos parece moi interesante e orixinal para a realización de presentacións, alonxándonos dos típicos Power Point.
Quel est votre avis général sur le projet?
Pareceunos moi interesante a forma de traballar colaborativamente, e a forma de presentar este proxecto, xa que nos parece un xeito lúdico e moi visual, no que adquirimos coñecementos case sen darnos conta. Tamén observamos que é moi importante traballar en grupo para aprender esta nova lingua, xa que entre todos logramos axudarnos, para que os que non teñen tantos coñecementos da lingua francesa, logren os obxectivos marcados na materia, que de outro modo sería moito mais difícil de acadar. Así sentímonos todos e todas mais competentes e pensamos que aínda que levamos pouco tempo dando clase, xa sabemos expresar en Francés certos conceptos básicos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario